Faldón superior

Propuestas

Síntese da paisaxe de transición entre o Lugo central e o ribeirao, este concello é, ao tempo, territorio de recunchos virxes que chaman por ser explorados con tempo.

Na parroquia de Paredes está a vecindade ao labor. Preguntan os reporteiros pola torre de Paredes. «Que torre? Porque hai dúas casas aló abaixo que chaman Casas da Torre...». Aclarado que o interese vai pola chamada Torre do Mariscal do monte de Paredes, indica o home máis vello que pouco hai ver: «Está aló enriba e está malo de chegar, o coche non lles pasa ata aló mesmo e logo, mal se sobe...». «Pola pendente?», preguntan os reporteiros. Nada que ver. Hai moita maleza. «Non dá pasado nin o raposo, que alí non ten nin que comer».

Ademais, advirten, pouca torre para tantos esforzos. «Quedan os alicerces, agochados entre os piñeiros», engaden. Non lembran os parroquiáns de Paredes ver a torre ergueita nin mariscal algún: «Iso sería hai douscentos anos, trescentos, catrocentos...que sei eu!!!» Fica a lembranza da Torre do Mariscal na toponimia, xa que os veciños coñecen o monte coma O Castelo. O máis novo destes horteláns de Paredes dá por certo que de haber «unha taberna aló», seguro que estaba moito máis transitado o lugar.

En Paredes puxeron unha fonte, pero está seca. «A ver cando nos dan a agua». Xusto en fronte, chama polos ollos o pazo de Camba, rexa construción en granito do país, con escudo de armas. «Era da familia Camba, pero xa se vendeu dúas veces. Os actuais propietarios residen en Madrid», informan os lugareños.

Los focenses apuran los preparativos de la cuarta edición de la Festa Normanda. La decoración en los diferentes puntos de la localidad empieza a ser visible y la mayoría ultima los detalles de sus trajes para que todo salga a la perfección este fin de semana.

El mercado se abrirá el viernes en el Paseo da Ribeira y en Porto Chico a las doce del mediodía. Por la noche será el pregón a cargo de Manuel Alberto Fraga y la representación teatral en el monte del Obispo Santo.

 

A provincia de Lugo segue a ser unha gran descoñecida no eido turístico, pese ao seu evidente potencial, que non se limita ás súas impresionantes praias, senón tamén a un gran patrimonio monumental e natural.

A contorna e riqueza natural da provincia de Lugo caracterízase pola variedade e singularidade de todas as súas paisaxes. O visitante pode cambiar os cumes por unha extensa chaira, e as montañas por unha bela franxa litoral. A natureza máis agreste pódese atopar nos cumes míticos da serra dos Ancares. A tan só unha hora de percorrido, atópase a comarca de Terra Chá, unha paisaxe realmente única en Galicia formado por unha vasta chaira, nunha rexión onde escasean as planicies.

O mosteiro da localidade, ademais dunha xoia histórica e arquitectónica, é un lugar idóneo para aqueles que busquen sosego entre os seus muros

Á beira do río Sarria érguese inmenso o mosteiro de Samos nunha vila que é punto neurálxico no Camiño a Santiago. O cenobio, fundado no século VI, está habitado por unha comunidade de benedictos formada por quince monxes que traballan arreo para atender a xestión dun edificio declarado ben de interese cultural, así como a camiñantes e outras almas precisadas dun espazo de rutinas, tranquilidade, disciplina, estudo, oración ou paz interior.

É un lugar ideal para o anonimato e nel teñen descansado persoeiros como o falecido expresidente da Xunta Manuel Fraga ou o político Miguel Boyer. A lista é longa, pero o prior do mosteiro, o pai José Luis, mantense discreto. Como el mesmo di, «nosotros no queremos ser unas celebrities, aunque es importante que nos demos a conocer y que no nos vean como a unos señores raros».

O pai José Luis atende en menos de cinco minutos dúas chamadas de móbil. «Os puede sorprender, pero tenemos nuestros ordenadores y nuestros teléfonos móviles. ¡Somos gente del siglo XXI!», exclama en broma.

O son do teléfono é un dos escasos ruidos entre estes muros. Iso, e o ruxerruxe da vasoira coa que outro membro da congregación limpa o chan dun dos claustros. Tan amable como fuxidío, nin o nome dá, mais bromea dicindo que é Íker Casillas, «el portero». A hospedería monacal, é dicir, a interna —só para homes, claro, e con 16 habitacións— está aberta todo ano e é no verán cando rexistra unha maior afluencia de visitantes. Os únicos momentos de parón son no Nadal e Aninovo, porque a xente está «más en familia», di o prior. E os monxes fan o propio.

Barreiros es el municipio lucense que luce más banderas azules en sus playas y figura entre los más galardonados de Galicia. Son seis los arenales en los que ondea este distintivo comunitario, que se otorga a la limpieza, accesos y servicios. Este año se incorporó al listado la playa de Coto y mantienen su distinción las de As Pasadas, Lóngara, Acantilado-Remior, Altar y Fontela-Valea.

Los doce kilómetros de costa de Barreiros son una auténtica maravilla de la naturaleza, con una sucesión de arenales que ejercen como elemento de atracción turística y dotan al municipio de una identidad propia. La playa de Acantilado-Remior se distingue por su zona recreativa. Su notable extensión hace que figure entre las preferidas por los bañistas.

En un extremo de la ría de Foz, después del arenal de Anguieira, se encuentra la playa de Altar, con una amplia zona de aparcamiento. Cercana a ella está el arenal de San Bartolo, con acantilados rocosos. Otro arenal emblemático es el de Fontela-Valea, que luce la bandera azul desde 1994. Está en la parroquia de Benquerencia y destaca por sus silueteadas formaciones rocosas. Es muy extensa, al igual que la de San Pedro o Coto, También en este núcleo está la playa de Lóngara, muy frecuentada por los amantes del surf. Su accesibilidad y la belleza del entorno son otra de sus bazas.

En la parroquia de San Miguel Reinante está el arenal de As Pasadas, con sus verdes acantilados y su fina arena. En Reinante está la gigantesca Arealonga, que ostentó la bandera azul desde 1992 hasta este año, en la que se le retiró por un problema puntual ya solucionado. Sus dunas, el amplio aparcamiento y el paseo marítimo hacen más atractivo este enclave privilegiado, donde se celebra anualmente el concurso internacional de castillos de arena.

El turismo de playa experimentó un gran desarrollo en la zona y genera importantes beneficios, aunque el municipio de Barreiros ofrece también múltiples posibilidades de practicar el turismo verde, con sus rutas de senderismoy lugares de interés, tanto en la costa como en el interior.

 

CANDO ABRÍA o século XX, a Sociedad Minera de Villaodrid ergueu uns fornos na Pontenova, tendeu un cargadeiro sobre a ría de Ribadeo para deixar caer o ferro sobre as bodegas dos mercantes. No medio, cruzando en liña razoablemente recta os municipios de San Tirso de Abres e Trabada, deitaron unha vía ferroviaria que se mantivo en activo ata 1964.

Dende os primeiros tempos, en 1905, habilitouse un servizo para uso de pasaxeiros e Casimiro conserva a memoria, que non dá concretado, de ter acudido «ás festas do 8», as celebracións da patrona de Ribadeo, que teñen lugar o día 8 de setembro.

Agora percorre todos os días os primeiros cinco quilómetros longos da Ruta do Ferrocarril, un tramo asfaltado que parte dos fornos da Pontenova e avanza sobre o itinerario que ocupou o tren mineiro. «Nunca cheguei ao túnel», recoñece en referencia ao túnel da Asela, o primeiro tramo cuberto de roteiro que atopa. Casimiro non lembra a última vez que atravesou un túnel. Debeu de ser nesa nenez que agora se volveu vella, porque a viviu nos anos 40, pero non menos esperanzada.

Este veciño da Pontenova sabe que montou no tren mineiro, o transporte que trasladaba o mineral local a Rotterdam, Androssan, Swansea e, en menor cantidade, a Baiona, Newport e Middlesbbrough. A carga desprazábase en barco, pero —como o río Eo non é navegable— recorríase a un tren que levaba a mercadoría ata o, daquela, porto internacional de Ribadeo, encarrilado sobre 34 quilómetros de vía.

Hoxe en día, este túnel e os outros cinco do sendeiro, ten aliviado o seu aire tétrico grazas a unha cadea de lámpadas brancas que vai alumeando os pasos pola terra e a lama, entre as paredes de pedra ou de rocha viva, baixo un teito que pinga a auga filtrada pautadamente. A lanterna non se bota de máis cando se trata de deleitarse coas manchas de ferro embarrado que esvara con lentitude secular sobre as estalactitas, que son tan breves como a angustia que provoca o espazo pechado. A boca luminosa agárdanos con agarimo, pedíndonos simplemente que vaiamos colocando con confianza un pé diante do outro para atravesar o arco de luz que nos devolverá á paisaxe de ameneiros, dedaleiras, garduñas salvaxes e paporroibos inocentes. Un vieiro que ten o río Eo sempre á beira esquerda.

A ruta atravesa outros túneles, aínda máis longos, aínda máis escuramente emocionantes —como o de Piagolongo—, para quen entusiasme coa incertidume das penumbras e cos caprichosos xogos de cores negras e ocres cos que van tinxindo as paredes tanto as décadas como as escorreduras de auga.

A Balastreira, que era como se coñecía a máquina que tiraba polos vagóns de pasaxeiros e polas vagonetas de mineral, daba a volta na estación de Ribadeo, da que agora quedan en pé as paredes e as fotografías en branco e negro. Do mesmo xeito, Casimiro fai a súa manobra de viraxe segundo chega ao primeiro dos ‘casetos’, «no apeadeiro do Cairo», coma se fose entrar no ámbito exótico do antigo Exipto.

Os casetos son casoupas duns catro metros cadrados que se erixiron en pizarra, teitáronse en madeira e lousáronse con piso de terra; atópanse a cada certa distancia no camiño. Ao seren edificadas polos veciños, hai carteis que suliñan o seu valor etnográfico. A súa función era ter conta do carbón que A Balastreira consumía como combustible, así como das bicicletas, e mesmo das elitistas motocicletas que os viaxeiros deixaban aparcadas no seu desprazamento á vila costeira, onde o cheiro pesado a carbón víase desprazado no aire polo recendo salgado do salitre. Pouco tempo máis tarde, chegaba a felicidade de deterse na estación, estricar as pernas e liberar os apoios traseiros do traqueteo e da dureza inmisericorde do asento. A seguir, coma acto de dignidade, sacudíase a roupa de estrea da levísima capa de borralla que o veara. «Non faltarei ao meu paseo por esta ruta máis de dous ou tres días ao mes», asevera Casimiro, o camiñante que «nunca» se deixou vencer pola súa curiosidade de revisitar ese cilindro que describe unha curva prolongada de 173 metros. Para un meniño, atravesar aquela escuridade fonda atordado polo abaneo brusco e axordecedor dos vagóns debía de ser como montar no tren da bruxa. O río segue estando ao carón, facendo soar as súas aguas lizgairas para tranquilizar o paseante.

© 2018 El Progreso Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00

Please publish modules in offcanvas position.