Faldón superior

Propuestas

Sae á Rúa da Raíña de Lugo e pregúntalle aos lugueses se coñecen o monumento de Santa Eulalia». Casimiro Montero Feijoo adoita animar os visitantes foráneos que se achegan a Santalla de  Bóveda de Mera a facer este experimento, convencido de que as xentes da cidade bimilenaria non lle fan caso abondo a un patrimonio que, para el, non palidece nin a carón da mesmísima muralla.

Son máis conscientes os visitantes foráneos - «sobre todo, os alemás»- de que o templo tardorromano de Bóveda é un «unicum» no imperio, asegura Montero Feijoo, que desde hai cinco anos ten a súa oficina como funcionario da Xunta neste lugar do municipio de Lugo, xa próximo a Friol.

Porque falta o día no que un súbdito da señora Merkel non se desprace a facer a descuberta. Mesmo no ecuador desta semana, no medio dunha nevarada do inverno esmorecente, cando Casimiro abriu ás oito a porta do pequeño centro de interpretación no que se recibe aos visitantes, velaí o estaba a agardar un xermano madrugador e sen medo ao frío.

Un compatriota do turista tempraneiro desta semana, peregrino reincidente, déixalle cada ano ao guía de Santalla unha fotografía que lle tomou o ano anterior, que Casimiro amosa orgulloso.

A meirande parte das veces, as cousas que pagan a pena non se atopan á primeira. Merecen aínda que sexa un mínimo esforzo de quen procura. O arquitecto pontevedrés César Portela, encargado do último proxecto de restauración de Santalla de Bóveda ata a data, considera que é «un verdadeiro milagre» que este templo teña chegado ata o terceiro milenio.

Portela e o seu equipo botaron case que dous anos a traballar en Bóveda e este veterán e prestixioso arquitecto sostén que esta «xoia» é deses edificios que permite descubrir «outros mundos», sentirse un pouco -«por que non?»- como María Sanz de Sautuola cando contemplou por vez primeira os bisontes de Altamira.

No caso de Santa Eulalia, os bechos non son bisontes, senón plumíferos. Faisáns, pavos reais, ocas, pitas de Guinea, paspallás, pombas, gansos... espallados con precisión xeométrica pola bóveda de canón e pintados en ricas policromías.

Conta Casimiro Montero, o guía de Santalla, que un visitante ornitólogo aseguroulle un día que de todo o curral avícola do edificio, un só animal podería ser autóctono da zona cando se fixeron as pinturas, aló a finais do século IV. Ao tempo sinala un paxaro na parte baixa do estuco do alzado norte da bóveda. «Díxome que era unha ave habitual en humidais e que ben podía habelas naquel tempo no val do río Mera».

Onde viu o pintor as aves do paraíso que inmortalizou na bóveda do templo de Santalla? Quen lle encargou tal cometido?

Por que semellante despregue de pigmentos carísimos, índigos e vermellos, nunha edificación erixida nun recuncho ao oeste do imperio romano?

A cen metros por riba do mar, e aínda que un xa pase un cacho da idade de ter fillos, pode deixar xogar ao cativo que leva dentro para dicir: «Ola Cantábrico!», moverse un chisquiño e berrar «Ola océano Altántico!». É o debuxo real que facemos do mapa de papel. E eses saúdos teñen un lugar para materializarse: Estaca de Bares, o punto máis septentrional da península Ibérica.

Aínda que pertencente ao concello coruñés de Mañón, esta punta afiada coma una navalla -con máis dun quilómetro de ancho e unha lonxitude de cinco-, inclínase cara o poñente, e a ela abéirase aVista da vila do Barqueiro desembocadura do río Sor, cuxa illa de San Martiño aboia en territorio lucense.

A exactitude das fronteiras de papel esvaécese logo sobre os prados e rochas dunha das paisaxes máis impresionantes do norte galego. Non en balde, ao fondo pode contemplarse a maxestuosidade da Garita da Herbeira, en San Andrés de Teixido, o acantilado máis alto de Europa, fermosísimo pero non apto para medorentos das alturas: érguese sobre o nivel do mar 614 metros.

O cabo de Estaca de Bares forma parte da ría do Barqueiro, un acubillo marítimo de augas ‘verdeazuis’ e calmas como o pobo, aínda que na zona e no municipio teña pasado de todo ao longo da súa historia: o afundimento dun submarino alemán, a presenza dunha base militar norteamericana ou as raterías dun bandoleiro da parroquia de Grañas, O Toribio, convertido en lenda popular.

Hixinio Puentes, o escritor máis famoso do Barqueiro, anda estes días de promoción da súa nova obra, ‘Winnipeg’, e párase para resumir a historia dun personaxe sobre o que el escribiu un libro, ‘O bandido Casanova’. «Su nombre era Mamede Casanova y yo oí hablar de él toda la vida», conta. «Parece ser que era un hombre de mucha fuerza, ímpetu, que no tenía miedo a los otros».

O Toribio xuntouse con elementos coma el e nun plan desorbitado e asaltaron a reitoral do Barqueiro, matando á criada do cura, crime do que acusaron a Toribio. «Yo estoy convencido de que no fue él», di Puentes, quen tamén refire que outros escritores «de la talla de Valle Inclán» escribiron sobre Mamede Casanova, neste caso, a obra ‘El terno del difunto’.

«Fue un personaje muy famoso de principios del siglo pasado porque salía mucho en la prensa. Era simpático, bien parecido... Se fugó de la cárcel y tenía entretenida a la Guardia Civil persiguiéndolo por los montes». Ata a súa detención, xuízo e condena a morte conmutada por case tres décadas de cadea.

O escritor mañonés é fraco, loce barba branca, leva posto un pucho e manipula con coidado páxinas de xornais nas que a noticia é el. De trato amable, fala amodo, como parece que todo transcorre no Barqueiro.

Comeza a chuviscar. «Marzo, marzolo, trebón e raiolo», di o refrán.

O día desenvólvese a cachos amarelo ou laranxa luminoso, para pasar logo a escala de grises. Como se alguén tivera un interruptor do ceo para xogar con nós de xeito intermitente.

O aire alentánse morno á hora de xantar, a uns 16 grados. «Vai máis frío dentro da casa que fóra!», comenta unha veciña que non precisa de presentacións para saudar, sorrír e falar a uns estranos. Leva incorporado ‘guasap’, o Line e o Twitter. Só que mira de frente, non como na cidade, con ese bulir de soniquetes e xente ollando para baixo, cegos, a punto de turrar.

O estrano, o que se bota en falta, é o zoar do vento. Reina unha ‘calma chicha’ pouco habitual.

Turistas. Non se ven moitos veciños polas rúas do Barqueiro. É a hora de comer, pero os paisanos non son moitos e os visitantes menos, como informa a animadora sociocultural do Concello, Isolina Díaz. «La temporada fuerte es en verano; entonces sí que vienen muchos turistas».

Un feixe de vivendas amosan as persianas baixadas. Supóñense casas de veraneo ou segunda vivenda de traballadores das comarcas de Ferrolterra e Ortegal.

No Teleclub do Barqueiro dous homes vestidos de faena gozan dun aperitivo antes de xantar. O terceiro en chegar é Pedro Díaz, familiar do comandante do submarino alemán U 966, Ekkehard Wolf. Segundo as actas dunha reunión de veteranos do U 966 celebrada en maio de 1980, o navío afundiuse o 10 de novembro de 1943 no Barqueiro, despois dun bombardeo de avións americanos e checos. Morreron sete homes.

 

Igrexa de Soutomerille

(Texto: JAUREGUIZAR. Fotos: PEPE TEJERO)

Torre da homenaxeResto da muralla do casteloCastroverde debe de ter a única torre medieval de Galicia que non está habitaba por un pantasma. O edificio, de pedra solemne, está sobre un outeiro que vai baixando suavemente cara á vila. Antes de fortaleza, acolleu un castro cheo de verdor que se someteu no século XIV ao poderío militar dos Lemos. Erixiron o torreón ata vinte metros, coroárono con ameas e rodeárono por unha muralla da que asoma unha almea por tras dunha casa de pedra na que non falta o selo nobiliario en forma de escudo. O conxunto orixinal constaba de torreóns circulares que estaban unidos entre si por grosos valdos, coa función de gardaren o patio de honra.

Por tras da construcción hai un prado pechado por un muro que conserva a estrutura revelando certa febleza, onde estaba o patio de armas con esa torre da homenaxe aínda en pé.


catedrais
As Catedrais, en Ribadeo, es la sexta mejor playa del mundo  y la segunda de Europa, según el  Travellers Choice Playas 2013, un informe sobre los mejores arenales del planeta hecho público  por TripAdvisor, considerada la mayor web de viajes del mundo. Este ránking se basa en las opiniones de millones de viajeros de todo el mundo y han reconocido a un total de 276 playas ubicadas en África, Asia, el Caribe, Centroamérica, Europa, Oriente Medio y Estados Unidos.

As Catedrais es la sexta del mundo, segunda de Europa y primera de España. Otra playa gallega, la pontevedresa de A Lanzada (O Grove), se sitúa en séptimo lugar.

Se trata de una situación consecuente con el hecho de que Galicia figura entre las regiones costeras españolas mejor valoradas en cuanto a sus playas. Otras también muy valoradas por los lectores son Baleares, Andalucía, País Vasco y las Islas Canarias.

La playa ribadense supera a arenales como Ses Illetes, en Formentera, segunda de España; la Concha, en San Sebastián, tercera, y Bolonia (Tarifa, Cádiz), cuarta.

© 2018 El Progreso Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00

Please publish modules in offcanvas position.