Faldón superior

Propuestas

La asociación de comerciantes de Burela organiza, de viernes 9 al domingo 11, la tercera edición del concurso de tapas, en el que entran en competición 16 locales de hostelería, que servirán diversas variedades con la que agasajar a los clientes. Éstos, además de poder degustar tapas tradicionales y otras raciones innovadoras, entrarán en el sorteo de un fin de semana en un balneario para dos personas, para lo que tendrán que completar la cartilla, con un sello de cada una de las seis zonas en que se ha dividido la hostelería de la localidad.

Os amantes do viño teñen a fin de semana do 12 ao 13 de abril unha cita na Ribeira Sacra Lucense. A Feira do Viño de Amandi, recoñecida como festa de interese turístico, celebra a súa 34 edición, que reunirá no concello de Sober case unha vintena de adegas.

Unha das actividades estrela do programa sera a cata oficial, que se celebra o domingo 13, seguida dunha misa solemne e a bendición dos ramos na igrexa de Sober e da lectura do pregón a cargo do músico Carlos Núñez.

Un ano máis, Vilalba rinde homenaxe a un dos seus produtos estrela, o queixo de San Simón da Costa, nunha festa que cumpre vinte anos nesta edición e que se celebrará os días 5 e 6 de abril na praza da Constitución con 4.000 unidades de queixo e outros produtos como embutidos ou artesanía.

Os produtos tradicionais de Friol están de festa. O concello lugués convertirase o domingo 23 na capital galega do queixo e do pan artesán coa celebración da Festa do Queixo e Pan de Ousá, un dos eventos máis importantes da vila e que, tras vintedúas edicións, constitúe xa unha referencia a nivel galego.

Máis de cen queixeiras e cinco panadeiros de Ousá poñerán á disposición dos visitantes preto de 10.000 queixos e 3.000 panes a partir das 11.30 nunha carpa situada na praza Andón Cebreiro. Todos os panes pesarán un quilogramo e custarán 2,5 euros. Os queixos variarán en grao de maduración, podendo conseguirse totalmente frescos, semicurados ou curados.A produción artesán deste produto fará que tamén varíen en tamaño e, polo tanto, en prezo.

Se a primeira edición foi o debut desexado, cunha media de mil tapas repartidas por establecemento, a segunda ten que ser a da consolidación dese éxito. E polo momento as cousas non marchan mal, a xulgar polo bo ambiente que se respirou dende o pasado xoves, primeiro día de certame, nos 25 locais que participan ata o domingo 16 no concurso de tapas ‘Que bo estás Guitiriz’ .

Coidadas presentacións, ingredientes de primeira, moita elaboración e unha lixeira inclinación polos produtos do mar caracterizan as 25 propostas desta segunda edición, na que compiten polo mérito de ofrecer a mellor tapa , a xuízo dos clientes, sete locais de hostalería máis ca no 2013, coa incorporación de Comba e Viña de Parga e de MalaUVA, Gaibor, Nimbos, Ramiro e Pepe en Guitiriz.

Todos os días de 20.00 a 23.00 horas, e o fin de semana tamén de 13.00 a 15.30 horas, pódense degustar as receitas, a un prezo único de 1,5 euros —tres euros co viño da adega colaboradora—.

 

© 2018 El Progreso Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00

Please publish modules in offcanvas position.