Auga doce e salgada atópanse ao norte, en Estaca de Bares

el . Publicado en Propuestas

Ponte do Barqueiro
Texto: MARÍA L. VIÑAS. Fotos: J. VÁZQUEZ

Un gato a bordo dun barco

 

A CEN METROS por riba do mar, e aínda que un xa pase un cacho da idade de ter fillos, pode deixar xogar ao cativo que leva dentro para berrar: «Ola, Cantábrico!», moverse un chisquiño e berrar «Ola, océano Altántico!». É o debuxo real que facemos do mapa de papel.

E eses saúdos teñen un lugar para materializarse: Estaca de Bares, o punto máis septentrional da península Ibérica.

Aínda que pertencente ao concello coruñés de Mañón, esta punta afiada coma una navalla -con máis dun quilómetro de ancho e unha lonxitude de cinco-, inclínase cara o poñente, e a ela abéirase a desembocadura do río Sor, cuxa illa de San Martiño aboia en territorio lucense.

A exactitude das fronteiras de papel esvaécese logo sobre os prados e rochas dunha das paisaxes máis impresionantes do norte galego.

Non en balde, ao fondo pode contemplarse a maxestuosidade da Garita da Herbeira, en San Andrés de Teixido, o acantilado máis alto de Europa, fermosísimo pero non apto para medorentos das alturas: érguese sobre o nivel do mar 614 metros.

O faro da localidadeO cabo de Estaca de Bares forma parte da ría do Barqueiro, un acubillo marítimo de augas verdeazuis e calmas como o pobo, aínda que na zona e no municipio teña pasado de todo ao longo da súa historia: o afundimento dun submarino alemán, a presenza dunha base militar norteamericana ou as raterías dun bandoleiro da parroquia de Grañas, O Toribio, convertido en lenda popular.

Hixinio Puentes, o escritor máis famoso do Barqueiro, párase para resumir a historia dun personaxe sobre o que el escribiu un libro, ‘O bandido Casanova’. «Su nombre era Mamede Casanova y yo oí hablar de él toda la vida», conta.

O Toribio xuntouse con elementos coma el e nun plan desorbitado e asaltaron a reitoral do Barqueiro, matando á criada do cura, crime do que acusaron a Toribio. «Yo estoy convencido de que no fue él», di Puentes, quen tamén refire que outros escritores «de la talla de Valle Inclán» escribiron sobre Mamede Casanova, neste caso, a obra ‘El terno del difunto’. «Fue un personaje muy famoso de principios del siglo pasado porque salía mucho en la prensa. Era simpático, bien parecido... Se fugó de la cárcel y tenía entretenida a la Guardia Civil persiguiéndolo por los montes». Ata a súa detención, xuízo e condena a morte conmutada por case tres décadas de cadea.

O escritor mañonés é fraco, loce barba branca, leva posto un pucho e manipula con coidado páxinas de xornais. De trato amable, fala amodo, como parece que todo transcorre no Barqueiro.

Unhas lanchas no porto do BarqueiroO día desenvólvese a cachos amarelo ou laranxa luminoso, para pasar logo a escala de grises.O aire alentánse morno á hora de xantar. «Vai máis frío dentro da casa que fóra!», comenta unha veciña que non precisa de presentacións para saudar, sorrír e falar a uns estranos.

O estrano, o que se bota en falta, é o zoar do vento. Reina unha ‘calma chicha’ pouco habitual.

TURISTAS

Non se ven moitos veciños polas rúas do Barqueiro. É a hora de comer, pero os paisanos non son moitos e os visitantes menos, como informa a animadora sociocultural do Concello, Isolina Díaz.

No Teleclub do Barqueiro dous homes vestidos de faena gozan dun aperitivo antes de xantar. O terceiro en chegar é Pedro Díaz, familiar do comandante do submarino alemán U 966, Ekkehard Wolf. Segundo as actas dunha reunión de veteranos do U 966 celebrada en maio de 1980, o navío afundiuse o 10 de novembro de 1943 no Barqueiro, despois dun bombardeo de avións americanos e checos. Morreron sete homes.Wolf volveu cada verán e namorouse. «Casou, tivo fillos...».

Un deles, Pedro, pasou por capilla con Pilar Díaz, irmá do Pedro Díaz do teleclube. E no Barqueiro viven dous netos. «É unha historia moi complicada e longa», rise Pedro, que viría a ser o cuñado dun fillo de Ekkehard, cuxo último desexo foi que as súas cinzas foran esparexadas na ría do Barqueiro, xunto aos seus mariñeiros mortos.

Dirk, un dos netos de Wolf, ten, por iso de honrar o apelido, unha talla de madeira dun lobo na porta de entrada do chalé. Parte dos descendentes do comandante, naturais de Hamburgo, elixiron O Barqueiro para botar raíces. Están el e unha irmá. «Colleron mozo e moza e quedaron», resume.

Xubilado, ocupa o seu tempo en pintar, unha das súas paixóns, e «nunha investigación sobre o coÍdo de Bares; penso que non é fenicio como dixo o arqueólogo Maciñeira».

Federico Guillermo Maciñeira e Pardo de Lama, nado no Barqueiro no 1870 e é outro dos personaxes ilustres da zona. Foi arqueólogo e datou No século VII antes de Cristo, é dicir, na Idade de Bronce o dique formado por grandes rochas redondeadas.

Como as camelias de San Fiz, remotando o río Sor. Dentro dunha finca privada atópase a maior plantación desta especie de Europa e a segunda do mundo, cunha extensión de 30 hectáreas ocupadas por 200 variedades de camelias. A mágoa é que o espectáculo vexetal non se inclúe nas guías turísticas, xa que é un proxecto totalmente privado.

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en tu ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web …etc.

¿Qué tipo de Cookies utiliza esta página web?

Cookies de Análisis

Son aquéllas que posibilitan el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página. La información recogida se utiliza para la medición de la actividad de los usuarios en la web y la elaboración de perfiles de navegación de los usuarios, con la finalidad de mejorar la web, así como los productos y servicios ofertados.

Cookies Técnicas

Son aquéllas que facilitan al usuario la navegación a través de la web y la utilización de las diferentes opciones o servicios que existen en la página como por ejemplo la identificación de sesión, acceso a zonas restringidas, recuperación de los elementos introducidos en el sistema de pedidos …etc.

Cookies de Personalización

Son aquéllas que permiten al usuario acceder a la web con una serie de caracteríticas técnicas predeterminadas, según los criterios preestablecidos en su equipo, como por ejemplo el idioma, el tipo de navegador, la configuración regional….etc.

¿Quién utiliza las Cookies?

Las cookies empleadas en esta página web, son utilizadas por el responsable legal de la misma. No obstante, las cookies de análisis son gestionadas a través de Google Analytics, un servicio de analítica web prestado por Google, Inc., cuya oficina principal está situada en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”). Google Analytics utiliza sus cookies para analizar la navegación de los usuarios en este sitio web. La información que genera la cookie acerca del uso de la página (incluyendo su dirección IP) será directamente transmitida y archivada por Google en los servidores de Estados Unidos. Google usará esta información para proporcionarnos información sobre la actividad de los usuarios en nuestra webt. Google podrá transmitir dicha información a terceros cuando así se lo requiera la legislación, o cuando dichos terceros procesen la información por cuenta de Google. Google no asociará su dirección IP con ningún otro dato del que disponga Google. Si desea saber mas sobre los términos de privacidad de este servicio puede informarse en la siguiente página web. http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html

¿Cómo puedo desactivar o eliminar las Cookies?

Puede permitir, bloquear o eliminar las cookies instaladas en su equipo mediante la configuración de las opciones del navegador instalado en su ordenador. En los siguientes enlaces encontrará información adicional sobre las opciones de configuración de las cookies en los distintos navegadores. 

Internet Explorer
Google Chrome
Firefox
Safari