Un paseo sen présas por entre as ánimas do Páramo

el . Publicado en Propuestas

Síntese da paisaxe de transición entre o Lugo central e o ribeirao, este concello é, ao tempo, territorio de recunchos virxes que chaman por ser explorados con tempo.

Na parroquia de Paredes está a vecindade ao labor. Preguntan os reporteiros pola torre de Paredes. «Que torre? Porque hai dúas casas aló abaixo que chaman Casas da Torre...». Aclarado que o interese vai pola chamada Torre do Mariscal do monte de Paredes, indica o home máis vello que pouco hai ver: «Está aló enriba e está malo de chegar, o coche non lles pasa ata aló mesmo e logo, mal se sobe...». «Pola pendente?», preguntan os reporteiros. Nada que ver. Hai moita maleza. «Non dá pasado nin o raposo, que alí non ten nin que comer».

Ademais, advirten, pouca torre para tantos esforzos. «Quedan os alicerces, agochados entre os piñeiros», engaden. Non lembran os parroquiáns de Paredes ver a torre ergueita nin mariscal algún: «Iso sería hai douscentos anos, trescentos, catrocentos...que sei eu!!!» Fica a lembranza da Torre do Mariscal na toponimia, xa que os veciños coñecen o monte coma O Castelo. O máis novo destes horteláns de Paredes dá por certo que de haber «unha taberna aló», seguro que estaba moito máis transitado o lugar.

En Paredes puxeron unha fonte, pero está seca. «A ver cando nos dan a agua». Xusto en fronte, chama polos ollos o pazo de Camba, rexa construción en granito do país, con escudo de armas. «Era da familia Camba, pero xa se vendeu dúas veces. Os actuais propietarios residen en Madrid», informan os lugareños.

 

A paisaxe do Páramo é moito máis variada do que podería indicar a nomenclatura do municipio, nunha transición entre o que é a penichaira central de Lugo e o terreo ribeirao do sur da provincia. Na busca dun outeiro desde o que facerse unha idea da contorna, outro hortelano. O petrucio conta que os reporteiros están no lugar de Escarlán, xa no linde con Sarria. Nun recodo, unha casa grande con capela, forno e cobertizo XXL. O interlocutor bota unha parrafada mentres fai a parada de medio serán. Que si, que ninguén o ten que convencer de que vive nun lugar moi bonito, pero... «Non queda xente. Case non hai novos e os que marcharon a Sarria ou a Lugo, cando o barullo ese de que nas capitais se vivía moi ben...». Non tarda en saír a crise como tema de conversa. Que o do campo é moi escravo para os novos, que as cousas están feas...«Eu sei dalgún que se arrepinte de ter vendido as vacas...» Logo de arranxar o mundo e dun «ata volver vernos» segue a expedición ata os territorios graníticos da Serra do Monte e logo por Vilariño, Cabana e Regueiroescuro, co seu curso de augas negras e a capela de San Lourenzo parapetada tralo muro de bloque do cemiterio.

Codesal e Lagoa antes de chegar a Outeiro e á parroquia de Friolfe, de verbo xermánico. Como na primeira película española, os fregueses de Friolfe botan una parrafada logo da misa das seis da tarde. A igrexa de Friolfe é unha pequena marabilla románica. Está, asemade, nun emprazamento encantador a tal hora da tarde. O axedrezado ou taqueado xaqués nas arquivoltas, así como as cunchas de vieira da porta, falan de que este é un templo de peregrinaxe, no traxecto da vía francíxena entre Sarria e Portomarín. Presta a sombra fresca baixo a cuberta do adro, o arrecendo mentolado dos poleos. A rectoral, a carón, está ben conservada. Caza ao voo o fotógrafo o comentario dunha muller ben orgullosa de que a xente pare para inmortalizar a súa igrexa cos lentes do ollo de vidro. Non é para menos, señora. De Friolfe a Vileiriz —o outro fito románico do Páramo— non hai moito traxecto. Polo camiño, vacas pintas e do país poñen en marcha o seu mecanismo rumiante en pradrerías. Nin ruídos nin coches. Se non fose por algún tractor, podería dicirse que o tempo deixou de correr no século XII, cando foi erixida a igrexa de San Salvador. É a de San Salvador unha construción máis pequena cá de San Xoán de Friolfe. A estrutura das campás, no alto da espadaña barroca, semella antiquísima, como a madeira da portada lateral. Desafiou o arquitecto de San Salvador as convencións do románico rural e no canto de deseñar unha ábsida semicircular deixou para a posteridade unha das poucas cadradas que se lembran.

Diante da igrexa, unha pomareda fala da casa grande que xorde tralas maciñeiras. Manuel López Cosme, é o nome que se pode ler na placa da fachada. Unha xoaniña, un deses bechos semisagrados, que non se debe matar e que chegan canda as flores do sabugueiro e o recendo das pudias, xoga na rexa de ferro —vermello moteado sobre negro— antes de que a expedición emprenda o camiño de volta. De camiño a Vilarmosteiro, a parroquia que funciona como capitalidade, unha decátase dunha conversa non moi lonxana con José Manuel Castro, párroco de Friolfe e outras freguesías, na que evidenciaba que O Páramo é o único municipio da provincia de Lugo que non ten ningún núcleo urbano consolidado. E tampouco hai ningunha entidade de poboación, parroquia, aldea ou lugar, que reciba o nome do Páramo que adoptou o municipio completo.

Texto: Marta Veiga / Fotos: Sebas Senande

¡Atención! Este sitio usa cookies y tecnologías similares.

Si no cambia la configuración de su navegador, usted acepta su uso. Saber más

Acepto

¿Qué son las Cookies?

Una cookie es un fichero que se descarga en tu ordenador al acceder a determinadas páginas web. Las cookies permiten a una página web, entre otras cosas, almacenar y recuperar información sobre los hábitos de navegación de un usuario o de su equipo, gestionar el acceso de usuarios a zonas restringidas de la web …etc.

¿Qué tipo de Cookies utiliza esta página web?

Cookies de Análisis

Son aquéllas que posibilitan el seguimiento y análisis del comportamiento de los usuarios en nuestra página. La información recogida se utiliza para la medición de la actividad de los usuarios en la web y la elaboración de perfiles de navegación de los usuarios, con la finalidad de mejorar la web, así como los productos y servicios ofertados.

Cookies Técnicas

Son aquéllas que facilitan al usuario la navegación a través de la web y la utilización de las diferentes opciones o servicios que existen en la página como por ejemplo la identificación de sesión, acceso a zonas restringidas, recuperación de los elementos introducidos en el sistema de pedidos …etc.

Cookies de Personalización

Son aquéllas que permiten al usuario acceder a la web con una serie de caracteríticas técnicas predeterminadas, según los criterios preestablecidos en su equipo, como por ejemplo el idioma, el tipo de navegador, la configuración regional….etc.

¿Quién utiliza las Cookies?

Las cookies empleadas en esta página web, son utilizadas por el responsable legal de la misma. No obstante, las cookies de análisis son gestionadas a través de Google Analytics, un servicio de analítica web prestado por Google, Inc., cuya oficina principal está situada en 1600 Amphitheatre Parkway, Mountain View (California), CA 94043, Estados Unidos (“Google”). Google Analytics utiliza sus cookies para analizar la navegación de los usuarios en este sitio web. La información que genera la cookie acerca del uso de la página (incluyendo su dirección IP) será directamente transmitida y archivada por Google en los servidores de Estados Unidos. Google usará esta información para proporcionarnos información sobre la actividad de los usuarios en nuestra webt. Google podrá transmitir dicha información a terceros cuando así se lo requiera la legislación, o cuando dichos terceros procesen la información por cuenta de Google. Google no asociará su dirección IP con ningún otro dato del que disponga Google. Si desea saber mas sobre los términos de privacidad de este servicio puede informarse en la siguiente página web. http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html

¿Cómo puedo desactivar o eliminar las Cookies?

Puede permitir, bloquear o eliminar las cookies instaladas en su equipo mediante la configuración de las opciones del navegador instalado en su ordenador. En los siguientes enlaces encontrará información adicional sobre las opciones de configuración de las cookies en los distintos navegadores. 

Internet Explorer
Google Chrome
Firefox
Safari