gastronomía,

  • Lugo acollerá en novembro e decembro as Xornadas Gastroaccesibles

    Lugo converterase en novembro de decembro na "capital da accesibilidade gastronómica e libre de barreiras", coa celebración da segunda edición das Xornadas Gastroaccesibles.

    Promovidas por varias entidades que traballan con discapacitados, o obxectivo das xornadas é "promocionar Lugo como cidade receptora de turismo accesible, á vez que se conciencia á cidadanía das diferentes realidades alimentarias e da importancia de construír unha cidade para todos e todas", segundo sinalaron os seus promotores.

    Como novidade, en 2014 levaranse a cabo máster class de cociña impartidas por cociñeiros e cociñeiras profesionais coa supervisión de un experto en asesoramento dietético e nutricional de cada doenza.  Levaranse a cabo no IES San Xillao e serán temáticas. Así, o 4 de novembro, Eva Rodríguez Díaz centrarase na diabetes; o 11, Manuel Díaz Álvarez farao na enfermidade renal; o 18 de decembro, Diego Martínez Martínez ocuparase da celiaquía, e o 25 de novembro, Ángel Ramón Campos López falará das dietas para esclerose múltiple e lupus.

    Ao mes seguinte, en decembro, celebrarase a segunda edición do concurso de tapas gastroaccesibles. Será do 1 ao 8 de decembro e nel participarán dez establecementos de hostalería libres de barreiras arquitectónicas.

© 2018 El Progreso Rúa Ribadeo s/n, Lugo · Tlfno: 982 29 81 00

Please publish modules in offcanvas position.